Novas do GI Esculca

Aberta a preinscrición na “Microcredencial Universitaria en Economía Social e Emprendemento Cooperativo en Galicia”

12 Marzo 2026
Categorías: Novas

Desde o Departamento de Pedagoxía e Didáctica da USC, en colaboración coa Unión de Cooperativas EspazoCoop, anunciamos a apertura do prazo de preinscrición na Microcredencial Universitaria en Economía Social e Emprendemento Cooperativo en Galicia, dirixida por Ana Vázquez Rodríguez, membro do Grupo de Investigación ESCULCA.

O curso ofrece unha formación práctica sobre: as características fundamentais das cooperativas de traballo asociado, o proceso de creación dunha cooperativa en Galicia, os modelos de gobernanza democrática, e a elaboración dun proxecto básico adaptado á normativa galega. A metodoloxía combina materiais dixitais, autoavaliación, análise de casos reais de cooperativas galegas e un traballo final individual.

A microcredencial está certificada pola USC (2 ECTS, validez europea) e financiada polos fondos NextGenerationUE (Plan Microcreds), co aval da Xunta de Galicia, o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (MCIU) e a Unión Europea.

Modalidade: en liña
Datas de impartición: do 20 de abril ao 20 de maio de 2026
Sesións virtuais: 21 de abril, 5 e 12 de maio (11:00–12:30 h)
Prezo: 44,50 €
Prazas: destinado a persoas de 25 a 64 anos

Preinscrición: ata o 31 de marzo de 2026
Matrícula: do 1 ao 10 de abril de 2026

Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do Centro de Estudos Propios (CEP) nesta ligazón.

Máis información na web da USC