Novas do GI Esculca

Acadado contrato predoutoral da Universidade de Santiago de Compostela

24 Outubro 2025
Categorías: Novas

O pasado 23 de outubro, a graduada en Educación Comunitaria e investigadora predoutoral Mariapaz Buendía Puyo acadou un contrato predoutoral da Universidade de Santiago de Compostela no seo do GI Esculca.

A súa tese de doutoramento, dirixida pola profesora Mar Lorenzo Moledo, céntrase na reinserción social das mulleres madres no sistema penitenciario, baseándose nos programas de educación marental.