Novas do GI Esculca

Alexandre Sotelino Losada, novo Profesor Titular de Universidade

23 Novembro 2025
Fotografía de Alexandre Sotelino Losada
Categorías: Novas

O pasado venres, día 21 de novembro, tivo lugar o exercicio público para o acceso ao corpo de Profesorado Titular de Universidade, ao cal se presentou como candidato a nosa compañeiro Alexandre Sotelino Losada. Desde o GI Esculca queremos felicitalo por ter superado con éxito esta proba, por seguir consolidando a súa traxectoria académica e desexarlle o maior dos éxitos nesta nova etapa profesional.