O pasado 18 de xuño de 2026 tivo lugar o obradoiro «O proceso de Transferencia de Coñecemento en Educación. Elementos clave», impartida por Lidia Fernández Pérez, integrante da área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) da USC.
Esta actividade enmárcase nas accións promovidas polo proxecto PEDApS(c), Plataforma Educativa ApS(c) para a Mellora da Reciprocidade Universidade-Comunidade, financiado no marco do Proxecto de Proba de Concepto do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación 2024-2027.
A poñente ofreceu unha visión práctica sobre os mecanismos de transferencia de coñecemento no ámbito educativo, destacando os elementos clave para converter os resultados da investigación en recursos, metodoloxías e iniciativas con capacidade de transformación social e educativa.
