Novas do GI Esculca

Concedido proxecto europeo na convocatoria Erasmus+

9 Setembro 2026
Categorías: Novas

O GI Esculca vén de acadar un proxecto europeo no marco da convocatoria Erasmus+ (Acción Clave 2: Asociacións para a cooperación).

O eixo do proxecto ten que ver coa “HEART. Educación Superior contra el Racismo y los Discursos de Odio: Competencia Intercultural y Contranarrativas para Campus Inclusivos” (2026-1-ES01-KA220-HED-000455904).

Baixo a coordinación do Profesor Miguel A. Santos Rego, conta coa implicación tanto de universidades europeas, University of Galway (Irlanda), Università degli studi di Verona (Italia), Universidade do Porto (Portugal ), Ludwig-Maximilians-Universität München (Alemania), como de entidades sociais, ACCEM (España) e Cooperativa sociale Glocal Factory (Italia).

Ver resolución