O pasado 10 de outubro a nosa compañeira Cristina Varela Portela superou con éxito a proba de acceso ao corpo de Profesorado Titular de Universidade na Universidade de Santiago de Compostela. Desde o GI Esculca queremos darlle os parabéns e desexarlle o maior dos éxitos nesta nova etapa profesional.

