No marco do proxecto Cooperación Galega que lidera o Prof. Geno Rodríguez, do GI Esculca, en colaboración con Farmamundi, organízase o curso “Saúde comunitaria para promocionar o benestar“, unha iniciativa formativa orientada a coñecer e aplicar o enfoque da Saúde Comunitaria Baseada en Activos (SCBA) e a súa vinculación coas metodoloxías participativas.
A formación desenvolverase os días 24 de novembro e 2 de decembro, de 17:00 a 20:00 horas, en modalidade en liña, a través de Microsoft Teams e da aula virtual de Farmamundi. Terá unha duración total de 12 horas, distribuídas entre seis horas de sesións síncronas e outras seis de traballo autónomo. Ao finalizar, as persoas participantes recibirán un certificado de aproveitamento.
