Novas do GI Esculca

Cursos de formación en Aprendizaxe-Servizo ao profesorado universitario

24 Abril 2026
Categorías: Novas

Durante os meses de marzo e abril desenvolvéronse dous cursos de formación en Aprendizaxe-Servizo dirixidos ao profesorado universitario: o primeiro no Campus de Santiago e o segundo no Campus de Lugo. Estas accións enmárcanse na estratexia de transferencia do proxecto “El impacto de la universidad en la comunidad a través de los proyectos de Aprendizaje-Servicio. Un estudio centrado en la reciprocidad”, financiado no marco do Programa Estatal para Impulsar la Investigación Científico-Técnica y su Transferencia (Subprograma Estatal de Generación de Conocimiento 2021) (PID2021-122827OB-I00). A proposta centrouse na conexión entre a universidade e a comunidade, articulada a través de relacións de reciprocidade.

Nesta iniciativa interviñeron docentes do GIESCULCA, entre eles Miguel A. Santos Rego, Mar Lorenzo Moledo e Alexandre Sotelino Losada. Tamén participaron o coordinador do SEPIU, Javier Agrafojo Fernández (membro do GI-Esculca), e Xabier Rodríguez Orosa, en representación da entidade ACCEM.