Novas do GI Esculca

Incorporación dunha nova Investigadora Predoutoral no seo do GI Esculca (FPU 2024)

13 Novembro 2025
Categorías: Breves | Novas

A licenciada en Profesorado en Educación Especial e investigadora predoutoral Andrea L. Palada González acadou un contrato vinculado ás Axudas para a Formación de Profesorado Universitario 2024, do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, no seo do GI Esculca.

A súa tese de doutoramento, dirixida polo profesor Jesús García Álvarez, titulada “O papel das universidades españolas na construción dun mercado laboral inclusivo. Un estudo centrado no estudantado universitario con diversidade funcional”, céntrase en analizar os procesos de inclusión sociolaboral do estudantado universitario con diversidade funcional nas universidades españolas, avaliando as barreiras, oportunidades e estratexias que favorecen o seu acceso e permanencia no mercado de traballo.

Queremos trasladarlle os nosos parabéns e desexarlle o maior dos éxitos nesta nova etapa formativa e investigadora.