Novas do GI Esculca

Incorporación dun novo Investigador Predoutoral no seo do GI Esculca (FPU 2022)

18 Decembro 2023
Categorías: Breves | Novas

O graduado en Educación Primaria e investigador predoutoral David Álvarez Caneda acadou un contrato vinculado ás Axudas para a Formación de Profesorado Universitario 2024, do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, no seo do GI Esculca.

A súa tese de doutoramento, dirixida polos profesores Miguel A. Santos Rego e Alexandre Sotelino Losada, céntrase na participación estudiantil na educación superior e o desenvolvemento de competencias.

Queremos trasladarlle os nosos parabéns e desexarlle o maior dos éxitos nesta nova etapa formativa e profesional.