Implica2+
O Proxecto (PID2022-14004OB-100), Como lograr unha implicación familiar na educación desde a escola. A efectividade dun programa de formación para mestres e mestras de educación primaria, que responde ao acrónimo Implicado2+, é un traballo que incide sobre como a escola pode promover a implicación familiar e establecer relacións que favorezan e enriquezan o proceso educativo dos nenos e nenas.
Este é un proxecto que está financiado polo Ministerio de Ciencia Innovación en convocatoria competitiva, no marco do Programa Estatal para Impulsar a Investigación Científico-Técnica e a súa Transferencia, dentro do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación 2021-2023.
Obxectivos
Comprobar como a relación escola-familia ten efectos positivos para o neno/a, as familias e o centro educativo.
Elaborar un programa formativo para mestres/as, baseado en evidencias, dirixido a mellorar a implicación das familias na educación dos seus fillos e fillas.