APSUNI-e

Proxecto financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades no que se estuda a relación entre aprendizaxe-servizo (ApS) e mellora das competencias xenéricas dos estudantes universitarios/as.

O proxecto de convocatoria competitiva do Programa Estatal de I+D+i Orientada aos Retos da Sociedade 2017 (Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades) “Aprendizaje-servicio y empleabilidad de los/as estudiantes universitarios/as en España: competencias para la inserción laboral” (EDU2017-82629-R) é coordinado polo GI ESCULCA e conta coa participación de investigadores de sete universidades españolas e tres estranxeiras.

Obxectivos

N

Identificar que competencias require o mercado laboral aos mozos/as demandantes de primeiro emprego.

N

Avaliar a eficacia da aprendizaxe-servizo para mellorar as competencias xenéricas/transversais dos estudantes universitarios/as.

 

N

Deseñar un modelo de certificación de competencias xenéricas/transversais na universidade.

Web do proxecto