UNINTEGRA
Proxecto financiado polo Asylum, Migration and Integration Fund (AMIF) da Comisión Europea, liderado pola USC, e centrado na integración de persoas refuxiadas.A Universidade de Santiago de Compostela asinou en Novembro de 2017 coa Migration and Home Affairs da Comisión Europea o proxecto UNINTEGRA – University leading full and stepwise approach to the integration of refugees, que aborda a integración das persoas refuxiadas en Europa a través dun enfoque integral no que se contemplan accións de formación, sensibilización e apoio á integración a nivel social e educativo.
Esta proposta liderada pola USC conta coa participación da National Kapodistrian University of Athens (Grecia), e a Universidade do Minho (Portugal). Como socios nesta iniciativa figuran tamén a Fundació ACSAR e a Fundación Universitaria Balmes así como o Concello de Santiago de Compostela.
