O pasado luns, día 10 de novembro, tivo lugar o exercicio público para o acceso ao corpo de Profesorado Titular de Universidade, ao cal se presentou como candidato o noso compañeiro Jesús García Álvarez. Desde o GI Esculca queremos felicitalo por ter superado con éxito esta proba, por seguir consolidando a súa traxectoria académica e desexarlle o maior dos éxitos nesta nova etapa profesional.

