Recentemente, varios membros do GI Esculca foron incorporados ao equipo editorial da Revista Teoría da Educación, de referencia no ámbito da investigación educativa a nivel nacional e internacional. A profesora Mar Lorenzo Moledo foi nomeada editora asociada; a profesora Gabriela Míguez Salina incorporouse ao equipo editorial como asistente de edición; e, finalmente, o profesor Miguel A. Santos Rego foi nomeado integrante do consello científico. Estas incorporacións contribuirán, coa súa traxectoria e recoñecido prestixio académico, á calidade e proxección da revista.
