Las mujeres gitanas y su capital cultural y social: los Fondos de Conocimiento como vía de optimización (MG-FdC)

O proxecto “As mulleres xitanas e o seu capital cultural e social: os fondos de coñecemento como vía de optimización” (MG-FdC) é unha investigación de carácter cualitativo que busca recoñecer, visibilizar e poñer en valor os saberes e prácticas das mulleres xitanas desde unha perspectiva interseccional. A través do enfoque dos fondos de coñecemento e metodoloxías como as historias de vida e entrevistas, o proxecto pretende recoller as voces de mulleres xitanas de diferentes xeracións para lexitimar un corpo de coñecementos historicamente invisibilizados.

Obxectivos

N

Recoller, mediante o enfoque dos fondos de coñecemento, historias de vida de mulleres xitanas de distintas xeracións, que reflictan o seu capital social e cultural e a forma en que este contribúe á educación.

N

 Investigar como se transmiten e transforman as prácticas culturais e sociais das mulleres xitanas ao longo do tempo, explorando as dinámicas de preservación e adaptación dentro das súas comunidades.

N

Empoderar ás mulleres xitanas mediante a súa implicación activa, promovendo o seu protagonismo no proceso de investigación para garantir que as súas voces sexan escoitadas e as súas experiencias se reflictan de maneira auténtica.

N

Desenvolver propostas de transferencia educativa e social baseadas nos resultados obtidos, co obxectivo de visibilizar este coñecemento e incorporalo no currículo escolar e nos plans de estudo dos/as futuros/as profesionais da educación.