O pasado 25 de setembro, o GI Esculca presentou o xogo “Come sano, come sostenible“, no pazo de Fonseca no marco da Noite Europea das Persoas Investigadoras (European Researchers’ Night), iniciativa promovida pola Unión Europea.
Neste evento, compartiuse espazo co Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS) para que as persoas que visitaran os stands puidesen xogar. Asemade, tivo lugar a presentación oficial do xogo coa presenza da reitora e a conselleira do Mar na tenda da Universidade de Santiago de Compostela.
Noite Europea das Persoas Investigadoras (European Researchers’ Night)
25 Setembro 2026Categorías: Destacadas | Novas
