Novas do GI Esculca

Novo proxecto concedido ao GI Esculca en cooperación con Farmamundi

15 Outubro 2026
Categorías: Novas

O Proxecto de Cooperación Galega de Farmacéuticos Mundi (Farmamundi), en agrupación co Grupo Investigación Esculca da USC, vén de acadar unha subvención da Xunta de Galicia para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e a cidadanía global.

Este Proxecto, titulado “A Aprendizaxe-Servizo na saúde comunitaria: construíndo cidadanía global para a transformación social na comunidade universitaria -FASE VII-“, cuxo investigador principal é José Eugenio Rodríguez Fernández, membro do GI Esculca, foi o Proxecto mellor valorado nesta convocatoria de 2026 da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (de igual forma que no ano 2025).

O prazo de execución remata o 31 de decembro de 2027 e ten como obxectivo contribuir á construción dunha cidadanía global en Galicia comprometida coa transformación social positiva, a solidariedade e o desenvolvemento humano, particularmente coa promoción dunha saúde comunitaria e global que avance nos ODS.