Novas do GI Esculca

O GI Esculca impulsa un novo obradoiro metodolóxico sobre escalas Likert

31 Marzo 2026
Categorías: Novas

O GI Esculca pon en marcha unha nova actividade formativa interna dirixida ao seu estudantado de doutoramento, centrada no deseño e análise psicométrica de escalas Likert na investigación educativa. Esta iniciativa enmárcase dentro do compromiso do grupo coa formación e mellora continua das competencias metodolóxicas dos seus investigadores en formación.

A actividade contará coa participación da Profa. Dra. María José Ferraces Otero e do Prof. Dr. Agustín Godás Otero, especialistas en metodoloxía da investigación. A coordinación do obradoiro corre a cargo de Tania Ramos García e Katia Cino Rouco.

Con esta acción formativa, o grupo reforza a súa aposta pola excelencia investigadora, promovendo espazos de aprendizaxe colaborativa que contribúen ao desenvolvemento de competencias esenciais no ámbito da investigación educativa.