O doutorando do GI Esculca, David Álvarez-Caneda, participou na ESAI Conference 2026, un dos encontros científicos de referencia no ámbito dos estudos da educación en Irlanda. Baixo o subtítulo, From Legacy to Futures: Celebrating ESAI’s First Meeting of Scholars and 50 Years of Irish Educational Research, o congreso conmemorou os cincuenta anos do primeiro encontro de académicos e académicas que deu lugar á creación da Educational Studies Association of Ireland (ESAI).
O congreso internacional, celebrado na cidade de Galway (Irlanda) entre os días 28 e 30 de maio, reuniu investigadores e investigadoras de distintas universidades e centros de investigación de máís de 18 países para debater sobre os principais retos e tendencias actuais da educación. Neste marco, David Álvarez presentou dúas contribucións como coautor xunto aos profesores Miguel A. Santos Rego e Alexandre Sotelino Losada, membros do GI Esculca, e ao profesor Tony Hall, da School of Education da University of Galway.
A participación neste foro científico favoreceu o intercambio de coñecementos e experiencias con investigadores e investigadoras procedentes de diferentes contextos internacionais, contribuíndo ao fortalecemento de redes de colaboración académica.
Esta actividade enmárcase nas accións de internacionalización e difusión científica vinculadas ao proxecto de tese de doutoramento desenvolvido no seo do GI Esculca, baixo a dirección dos profesores Miguel A. Santos Rego e Alexandre Sotelino Losada, e financiado a través das Axudas para a Formación do Profesorado Universitario (FPU) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

