Novas do GI Esculca

Obradoiro “Como preparar un artigo publicable” coa Dra. Marta Ruiz Corbella

20 Abril 2026
Categorías: Breves | Novas

O Grupo de Investigación GI Esculca organiza para o vindeiro 22 de abril de 2026 o obradoiro “Como preparar un artigo publicable”, unha actividade formativa orientada a apoiar a capacitación investigadora no ámbito da escritura académica.

A sesión será impartida pola Dra. Marta Ruiz Corbella (UNED), especialista de referencia en investigación educativa, quen abordará as claves fundamentais para a elaboración de artigos científicos con potencial de publicación.

O obradoiro terá lugar no Laboratorio de Formación Virtual (2º andar) da Facultade de Ciencias da Educación da USC (Campus Sur), en horario de 17:00h a 19:00h. A actividade conta con prazas limitadas, polo que é preciso realizar inscrición.