O membro do GI Esculca, David García Romero, participa na organización desta xornada, que se celebrará o 29 de outubro na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do campus de Lugo, na que se compartirán os resultados de investigación sobre novas incorporacións ó agroalimentario e se debaterá sobre as posibilidades dos oficios tradicionais. Todo isto combinado con tempo para o coñecemento mutuo entre as persoas asistentes e a formación en diferentes aspectos.
Oficios e produción alimentaria nas mans das mulleres. Memoria e iniciativas en época de crise.
10 Outubro 2025Categorías: Novas
