Novas do GI Esculca

Participación do GI Esculca na European Conference on Educational Research (ECER26)

21 Agosto 2026
Categorías: Novas

Entre os días 18 e 21 de agosto, diferentes membros do Grupo de Investigación Esculca participaron no European Conference on Educational Research (ECER 2026), celebrado na cidade finlandesa de Tampere.

Ao longo destes días presentáronse resultados derivados dos últimos proxectos de investigación desenvolvidos polo equipo, contrastando achados e propostas coa comunidade científica internacional.

A participación no ECER permitiu tamén intercambiar experiencias con investigadores e investigadoras de diferentes países, fortalecer vínculos e crear novas redes de colaboración coas que afrontar futuros retos e abrir novas vías de traballo conxunto.