Novas do GI Esculca

Participación na 26th International Conference on Diversity in Organizations, Communities & Nations

27 Maio 2026
Categorías: Novas

O coordinador do GI Esculca, o Prof. Miguel A. Santos Rego, está a participar na 26th International Conference on Diversity in Organizations, Communities & Nations como membro do Consello Asesor (Advisory Board) do congreso. O encontro celébrase do 27 ao 29 de maio de 2026 na Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM), na Cidade de México.

Neste encontro internacional o GI Esculca presenta varias contribucións científicas nas que se darán a coñecer resultados de teses de doutoramento e proxectos de investigación, vinculadas ás liñas de investigación sobre diversidade, inclusión, educación e transformación social.

A participación neste congreso constitúe unha nova oportunidade para compartir coñecemento, fortalecer redes de colaboración internacional e seguir avanzando no compromiso do grupo coa investigación educativa de calidade e impacto social.