Novas do GI Esculca

Participación nas V Xornadas Internacionais de Iniciación á Investigación en Estudos da Literatura e a Cultura

25 Marzo 2026
Categorías: Novas

O profesor do GI Esculca, Alexandre Sotelino Losada, xunto con Tamara Costas Caamaño participaron este 25 de marzo de 2026 nas V Xornadas Internacionais de Iniciación á Investigación en Estudos da Literatura e a Cultura, celebradas na Facultade de Filoloxía da USC. A súa intervención serviu de ponencia inaugural das mesmas e levou por título “Patrimonio inmaterial e prácticas de conservación e divulgación da​ tradición: un diálogo pedagóxico”.

Máis información