Novas do GI Esculca

Participación no 43 Seminario Interuniversitario de Teoría da Educación (SITE 2025)

5 Novembro 2025
Categorías: Breves | Novas

Os días 2, 3, 4 e 5 de novembro de 2025, o Prof. Miguel A. Santos Rego, a Prof.ª Mar Lorenzo Moledo e o Prof. Ígor Mella Núñez participaron no 43 Seminario Interuniversitario de Teoría da Educación, baixo o lema «Educar na fraxilidade», organizado pola Universitat Jaume I e celebrado no municipio de Peníscola (Castelló).

A comunicación presentouse no marco do relatorio «Educar na fraxilidade social e planetaria como posibilidade de resignificar a vida», co título «A educación superior e o desenvolvemento sostible ante a fraxilidade do mundo. Coidar a aprendizaxe-servizo». Esta achega forma parte do proxecto do Programa Estatal para Impulsar a Investigación Científico-Técnica e a súa Transferencia (Subprograma Estatal de Xeración de Coñecemento 2021) (Ref. PID2021122827OB-I00): https://www.apsuni.usc.gal.

Pódese consultar a comunicación na seguinte ligazón: https://redsite.es/site2025/docu/ad1/01_santos_lorenzo_mella.pdf