A profesora Mar Lorenzo Moledo e o profesor Javier Rico Díaz, integrantes do GI Esculca, veñen de participar no “I Encontro da Rede de Investigación en Promoción da Saúde de Galicia (RIPS-GA)”, que tivo lugar no día 15 de xaneiro de 2026 na Aula Castelao da Facultade de Medicina da USC.
Coa posta en marcha desta Rede preténdese fortalecer a investigación e a cooperación científica en torno aos estilos de vida e ás condutas de risco na comunidade galega.


