Novas do GI Esculca

Participación no X Congreso Internacional en Investigación e Didáctica da Educación Física (ADDIJES)

19 Maio 2026
Categorías: Breves | Novas

Os profesores José Eugenio Rodríguez Fernández e Javier Rico Díaz, xunto coa doutoranda Alba Oliveira Baleirón, membros do GI ESCULCA, participaron recentemente no X Congreso Internacional en Investigación e Didáctica da Educación Física (ADDIJES), celebrado do 15 ao 17 de abril de 2026 na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Granada.

A súa contribución materializouse na presentación de diversas comunicacións científicas, desenvolvidas en colaboración con outros investigadores da Facultade de Ciencias da Educación, nas que se abordaron temáticas de especial relevancia para o ámbito educativo actual. Entre elas destacan os traballos titulados “Transformar la Universidad desde la práctica: Aprendizaje-Servicio y metodologías activas en educación superior” e “Competencias globales frente a competencias prácticas: Prioridades del profesorado para la inserción laboral del docente del siglo XXI”.

Estas achegas afondan na reflexión sobre a innovación docente e a formación do profesorado, incidindo na necesidade de metodoloxías activas e no desenvolvemento de competencias clave para afrontar os retos do contexto educativo contemporáneo.