Novas do GI Esculca

Participación no XIII Congreso Nacional e VII Congreso Internacional de Aprendizaxe-Servizo Universitario

23 Abril 2026
Categorías: Novas

O profesor da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e membro do grupo GI Esculca, David García Romero, participou no XIII Congreso Nacional e VII Congreso Internacional de Aprendizaxe-Servizo Universitario, celebrado en Bilbao entre os días 22 e 24 de abril de 2026.

Durante o encontro, presentou propostas vinculadas ao proxecto “Tecendo redes para a cidadanía global: a consolidación dun modelo de aprendizaxe-servizo e cooperación ao desenvolvemento”, financiado pola Xunta de Galicia no marco da Axenda 2030 e liderado por Alexandre Sotelino Losada.