A Profa. Patricia A. Ruido, integrante do GI Esculca, participou no XVII Seminario de Avaliación de Materiais Didácticos ‘Xénero e Materiais Didácticos’ coa conferencia “A educación ten faciana de muller” referida ao premiado proxecto de ApS que se vén desenvolvendo dende o ano 2022 na materia de Teoría e historia da Educación Escolar.
Estivo acompañada de dúas estudantes, Lucía Rodríguez Parry e Paola Lago Martínez.
