Novas do GI Esculca

Patricia Alonso Ruido, nova Profesora Titular de Universidade

21 Novembro 2025
Patricia Alonso Ruido
Categorías: Breves | Novas

O pasado xoves, día 20 de novembro, tivo lugar o exercicio público para o acceso ao corpo de Profesorado Titular de Universidade, ao cal se presentou como candidata a nosa compañeira Patricia Alonso Ruido. Desde o GI Esculca queremos felicitala por ter superado con éxito esta proba, por seguir consolidando a súa traxectoria académica e desexarlle o maior dos éxitos nesta nova etapa profesional.