A estudante do Grao en Educación Social, Laura Malvar Blanco, titorizada pola profesora do GI Esculca, Patricia A. Ruido, vén de acadar o premio do 12º Concurso TFG.eduso co traballo titulado: Estereotipos de xénero na era dixital: influencia e reprodución nas redes sociais. Os nosos parabéns polo recoñecemento acadado.
