O pasado luns 11 de maio celebrouse a primeira xuntanza no marco do proxecto Proba de Concepto (2025), financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, no que se desenvolverá o deseño dun prototipo da plataforma educativa ApS(C) para a mellora da reciprocidade Universidade-Comunidade: PEDApS(C).
Este proxecto, concedido en convocatoria competitiva dentro do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación 2024-2027 para impulsar a Transferencia e Colaboración, está coordinado polo GI ESCULCA e conta coa participación de persoal investigador doutras oito universidades do Estado.

