Proxectos de Transferencia

ALTER-D COMP. Unha novela visual para estimular á reflexión nos proxectos de aprendizaxe-servizo en educación secundaria

A finalidade da novela visual é promover a reflexión do alumnado de educación secundaria sobre as competencias clave desenvolvidas e a transferencia do vivido despois de participar en experiencias de aprendizaxe-servizo (ApS). Trátase dunha ferramenta dixital fundamentada nos principios da gamificación/ludificación cun xogo educativo (serious game) que permite motivar de xeito efectivo a reflexión do alumnado sobre as competencias clave desenvolvidas a través da súa implicación nestas experiencias.

Plataforma Educativa ApS(C) para la mejora de la reciprocidad universidad-comunidad

Proxecto de Proba de Concepto (2025) financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades no que se desenvolverá o deseño dun prototipo de la plataforma educativa ApS(C) para a mellora da reciprocidade Universidade-Comunidade.

ComPas · Pasaporte Dixital de Competencias Transversais para Estudantes Universitarios

ComPas é unha plataforma web destinada a facilitar a identificación, documentación, avaliación e certificación das competencias transversais adquiridas polo estudantado universitario a través de actividades formativas, académicas, profesionais ou sociais realizadas fóra do plan de estudos. A plataforma permitirá a cada estudante construír un portafolio dixital onde poderá rexistrar as actividades realizadas, asociar as competencias transversais desenvolvidas en liña cos estándares europeos, proporcionar evidencias que apoien estas competencias e reflexionar sobre as aprendizaxes desenvolvidas. Unha vez completado o proceso, as competencias rexistradas poderán ser revisadas e validadas por unha persoa xestora, o que levará á emisión dunha certificación oficial das competencias