A profesora Bibiana Regueiro, integrante do GI Esculca, xunto con investigadoras/es da Universidade da Coruña, veñen de publicar o artigo Perfiles motivacionales y éxito escolar en Secundaria: un enfoque centrado en la persona na na revista Estudios sobre Educación.
O estudo identifica perfís motivacionais a partir de combinacións de metas académicas, analizados segundo xénero e curso, e examina diferenzas no rendemento académico en Lingua Española, Inglés e Matemáticas.
