Novas do GI Esculca

Publicación do libro “Intelixencia artificial e educación no sur global: Unha perspectiva sistémica”

8 Setembro 2026
Categorías: Novas

Recentemente, vénse de publicar na libraría dixital da Universidade de Santiago de Compostela o libro “Intelixencia artificial e educación no sur global. Unha perspectiva sistémica“, da autoría do profesor Fernando M. Reimers, da Harvard Graduate School of Education, xunto con outros colaboradores internacionais.

A obra analiza os retos e as oportunidades que a intelixencia artificial presenta para os sistemas educativos do sur global desde unha perspectiva comparada e interdisciplinaria.

A tradución ao galego deste volume foi realizada por membros do GI-ESCULCA, Miguel A. Santos Rego e María do Carme Cambeiro, contribuíndo así á difusión do coñecemento científico e pedagóxico na nosa lingua.

Acceso online