Novas do GI Esculca

Publicación do libro “La pedagogía intercultural o la gestión educativa de la diversidad cultural”

2 Marzo 2026
Categorías: Destacadas | Novas

O coordinador do GI Esculca, Miguel A. Santos Rego, xunto coa profesora Mar Lorenzo Moledo, veñen de editar o libro: La pedagogía intercultural o la gestión educativa de la diversidad cultural, na Editorial Octaedro.

Con un propósito formativo, pero tamén político, o libro subliña as bondades dunha gramática da aprendizaxe baseada na procura dunha xestión exitosa da diversidade cultural, tanto dentro como fóra das aulas. Unha achega clave para repensar a educación desde unha perspectiva intercultural, inclusiva e comprometida coa realidade social contemporánea.

Esta obra, dispoñible en acceso aberto, pode consultarse no seguinte enlace.