Novas do GI Esculca

Publicación do libro “Ni frágiles ni idiotas. Cómo la mala ciencia ha construido el estereotipo adolescente”

31 Maio 2026
Categorías: Breves

A integrante do GI Esculca, Fátima García Doval, xunto con José César Perales, veñen de publicar o libro “Ni frágiles ni idiotas. Cómo la mala ciencia ha construido el estereotipo adolescente” na editorial Shackleton books.

O libro propón un exame crítico sobre as afirmacións máis repetidas sobre a saúde mental na era dixital. A través dunha lectura rigorosa da evidencia científica e un repaso histórico dos pánicos morais que acompañaron a cada innovación tecnolóxica, os autores cuestionan os relatos simplistas que atribúen ás pantallas a raíz dos males contemporáneos.