Novas do GI Esculca

Publicado artigo na Revista Española de Orientación y Psicopedagogía

8 Abril 2026
Categorías: Novas

O profesor Miguel A. Santos Rego e a profesora Laura García Docampo, do GI ESCULCA, xunto coa profesora María José Méndez Lois, veñen de publicar o artigo “Necesidades psicopedagógicas y socioemocionales del alumnado con cáncer infantil” na Revista Española de Orientación y Psicopedagogía.

O estudio céntrase en coñecer as necesidades que presenta a infancia con cancro nos contextos escolar, familiar e hospitalario para identificar posibles liñas de intervención psicopedagóxica que contribúan ao desenvolvemento integral do alumnado con esta enfermidade.

Máis información