Os profesores Miguel A. Santos Rego e Ígor Mella Núñez, do GI Esculca, veñen de publicar o artigo Revalorizar la comunidad en el aprendizaje-servicio universitario: una escala con visión del profesorado na Revista Española de Pedagogía. Este estudo derívase do traballo desenvolvido no Proxecto do Plan Estatal de I+D+I sobre Aprendizaxe-Servizo e Comunidade, e nel os compañeiros do GI Esculca comparten autoría cos profesores Jorge Soto Carballo (Universidade de Vigo) e Xosé M. Malheiro Gutiérrez (Universidade da Coruña). No artigo preséntase a validación dunha escala deseñada para analizar o grao de implicación das entidades que colaboran en proxectos de ApS a partir da percepción do profesorado universitario.
Publicado artigo na Revista Española de Pedagogía
10 Febreiro 2026Categorías: Novas
