O profesor do GI Esculca, Javier Rico xunto con outros/as investigadores/as da Universidade de Santiago de Compostela vén de publicar o artigo “Beneficios de la Educación al Aire Libre: más actividad física, motivación para aprender y mejor convivencia escolar: revisión sistemática” na revista Sportis. Scientific Journal of School Sport, Physical Education and Psychomotricity; indexada en Scopus e Web of Science.
Este estudo ten como obxectivo identificar beneficios da Educación ao Aire Libre en nenos e nenas de Educación Primaria, especialmente aqueles que inciden nos niveis de AF do alumnado, na mellora da motivación para aprender así como da convivencia escolar. Comprobouse que a Educación ao Aire Libre pode influír positivamente na mellora das variables analizadas e que poden aproveitarse os espazos exteriores do propio recinto educativo, sen que sexa imprescindible desprazarse sempre fóra do centro.
