Novas do GI Esculca

Publicado un artigo na International Journal of Psychology

4 Novembro 2025
Categorías: Breves | Novas

O profesor Geno Rodríguez, do Grupo de Investigación Esculca, ven de publicar o artigo “Exploring the connection between substance use and mental health in brazilian teens who have experienced sexual violence”, na revista International Journal of Psychology, traballo realizado en colaboración con outros profesores e investigadores brasileños froito das alianzas establecidas durante a súa estadía de investigación na Universidade do Minho (Braga, Portugal).

Máis información e acceso ao artigo