Novas do GI Esculca

Seminario “Beyond the classroom: Participation in Extracurricular Activities and Holistic Student Development in Higher Education” na University of Galway

21 Maio 2026
Categorías: Novas

O doutorando David Álvarez Caneda, membro do Grupo de Investigación ESCULCA, impartiu o pasado 21 de maio un seminario na School of Education da University of Galway (Irlanda), no marco da súa estadía internacional de investigación.

O seminario, titulado Beyond the Classroom: Participation in Extracurricular Activities and Holistic Student Development in Higher Education, abordou o papel da participación en actividades extracurriculares no desenvolvemento persoal, social, académico e profesional do estudantado universitario. O evento estivo dirixido a todo o profesorado e estudantado da School of Education, e contou co patrocinio do Prof. Tony Hall da School of Education.

Durante a sesión, reflexionouse sobre como as universidades afrontan actualmente o reto de recoñecer aprendizaxes que teñen lugar máis alá do currículo formal, abordando cuestións vinculadas ao recoñecemento institucional e ao desenvolvemento integral do estudantado.

Así mesmo, destacouse o interese de iniciativas desenvolvidas na University of Galway, como o University Skills Passport, orientadas ao recoñecemento e articulación de aprendizaxes derivadas de experiencias extracurriculares e co-curriculares.

A actividade enmárcase dentro das accións de internacionalización e difusión científica vinculadas ao proxecto de tese de doutoramento desenvolvido no seo do GI Esculca baixo o financiamento das Axudas para a Formación do Profesorado Universitario (FPU) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.