Durante a súa estadía de investigación na University of Michigan, a doutoranda Tania Ramos García impartirá unha charla centrada nos proxectos de aprendizaxe-servizo e no seu desenvolvemento no ámbito familiar.
O relatorio leva por título “Community in University Service-Learning Projects. A Proposal for Development in the Family Environment” e abordará unha proposta de intervención orientada a fortalecer o desenvolvemento no entorno familiar desde a universidade, poñendo en valor a aprendizaxe-servizo como ferramenta de impacto social.
O evento está dirixido a profesorado, persoal e estudantado de diferentes facultades, e conta co patrocinio da School of Social Work a través da profesora Katie Maguire-Jack
