Novas do GI Esculca

Relatorio na Universidade de Púnguè (Mozambique)

31 Agosto 2026
Categorías: Novas

O profesor Javier Rico Díaz, membro do GI Esculca da USC, participará como relator convidado nun evento organizado pola Universidade Púnguè (Mozambique) con motivo do Día Internacional do Profesional da Educación Física, que se celebrará o vindeiro 1 de setembro en modalidade híbrida.

Baixo o título «O valor do profissional de Educação Física na promoção da saúde comunitária», a xornada ten como obxectivo poñer en valor o papel que desempeñan os e as profesionais da Educación Física na promoción da saúde e do benestar das comunidades, destacando especialmente a dimensión educativa e social do seu labor.

A actividade enmárcase na colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade Púnguè, favorecendo o intercambio académico e de coñecemento entre ambas as institucións. Esta iniciativa contribúe a fortalecer a proxección internacional do GI Esculca e os vínculos de colaboración académica con institucións de educación superior noutras latitudes.