Grupo de Innovación Docente ALÉN - ApS
O Grupo de Innovación Docente ALÉN-ApS constitúese como un espazo interdisciplinar de encontro, colaboración e innovación arredor da metodoloxía de Aprendizaxe-Servizo. O grupo promove a coordinación entre profesorado de diferentes áreas de coñecemento e o desenvolvemento de proxectos con impacto académico e social. Entre as súas prioridades están a creación de sinerxías, a elaboración de recursos e materiais didácticos e o impulso de metodoloxías activas. Así mesmo, organiza accións formativas e divulgativas para a comunidade universitaria. O seu traballo contribúe á consolidación da ApS na USC e ao fortalecemento da Responsabilidade Social Universitaria.
Obxectivos
- Promover a relación, o coñecemento e a interacción entre o profesorado que utiliza a metodoloxía Aprendizaxe-Servizo na USC.
- Crear sinerxías entre proxectos de ApS e favorecer a interdisciplinariedade neste tipo de dinámicas.
- Facilitar materiais, recursos e ferramentas para o deseño e avaliación de proxectos de Aprendizaxe-Servizo e doutras metodoloxías activas.
- Establecer un núcleo de referencia para a consolidación da Aprendizaxe-Servizo nas diferentes áreas de coñecemento, no marco da súa institucionalización na USC.
- Organizar actividades formativas e divulgativas relacionadas coa Aprendizaxe-Servizo en particular e coas metodoloxías activas en xeral.
- Elaborar material didáctico para a difusión da Aprendizaxe-Servizo, tanto na comunidade universitaria como no terceiro sector.
Formación en ApS
A formación especializada en Aprendizaxe-Servizo (ApS) constitúe unha das liñas de actuación máis consolidadas do GID ALÉN-ApS. Acreditando diferentes edicións anuais desde 2014, e esta actividade formativa mantense ata a actualidade, o que evidencia unha traxectoria sostida de máis dunha década na formación do profesorado universitario en ApS.
A actividade formativa do grupo complétase coa realización de accións de formación en centros educativos, así como coa participación dos seus membros en conferencias, charlas, obradoiros, relatorios e ponencias en congresos, xornadas e outros encontros académicos e profesionais.
Deste xeito, ALÉN-ApS desenvolve unha labor continuada de difusión, capacitación e transferencia arredor da Aprendizaxe-Servizo, contribuíndo á súa extensión tanto no ámbito universitario como noutros niveis e contextos educativos.
Iniciativas de Aprendizaxe-Servizo
PEINAS – Pedagoxía Intercultural e Aprendizaxe-Servizo
Persoa/a responsables do GID: Miguel A. Santos Rego (I-VI); Alexandre Sotelino Losada (VII-XI)
Titulación vinculada: Grao en Pedagoxía
Edicións / cursos con concesión: I-XI: 2016/17-2026/27
Construíndo a historia da educación en Galicia
Persoa/a responsables do GID: Alexandre Sotelino Losada
Titulación vinculada: Grao en Mestre/a de Educación Primaria
Edicións / cursos con concesión: IV-V: 2019/20 e 2020/21
Universidade, sociedade e desenvolvemento. A Aprendizaxe-Servizo no eido do desenvolvemento local; nas últimas edicións, desenvolvemento sustentable
Persoa/a responsables do GID: María del Carmen Sánchez Carreira
Titulación vinculada: Grao en Economía
Edicións / cursos con concesión: II-XI: 2017/18 – 2026/27
Aprender a aprender cos deberes
Persoa/a responsables do GID: Isabel Dans Álvarez de Sotomayor
Titulación vinculada: Grao en Mestre/a de Educación Primaria e Dobre Grao en Mestre/a de Educación Infantil e Primaria
Edicións / cursos con concesión: V-XI 2020/21 – 2026/27
Atención primaria en saúde visual e ocular / Prestacións visuais / Atención visual primaria / Atención optométrica a nenos/as en risco de exclusión social
Persoa/a responsables do GID: Eva Yebra-Pimentel Vilar
Titulación vinculada: Grao en Óptica e Optometría
Edicións / cursos con concesión: II-XI: 2017/18-2026/27
Optometría Senior / OPTISERVISENIOR (Optometría en Maiores)
Persoa/a responsables do GID: M.ª Covadonga Vázquez Sánchez e Luz María Gigirey Prieto
Titulación vinculada: Grao en Óptica e Optometría
Edicións / cursos con concesión: I, II, III, VI, VII, VIII, IX, X e XI: 2016/17, 2017/18, 2018/19 e 2021/22-2026/27
DUAL SENSORY LOSS EN EL ADULTO MAYOR
Persoa/a responsables do GID: M.ª Covadonga Vázquez Sánchez
Titulación vinculada: Grao en Óptica e Optometría
Edicións / cursos con concesión: IV: 2019/20
Proxecto DSL-MIGRANT: Cribado da perda sensorial dual en poboación preescolar migrante
Persoa/a responsables do GID: M.ª Covadonga Vázquez Sánchez
Titulación vinculada: Grao en Óptica e Optometría
Edicións / cursos con concesión: VIII: 2023/24
Intervención de Enfermaría en materia de saúde mental e adiccións / Intervencións de Enfermaría en materia de saúde e condutas de risco no eido escolar
Persoa/a responsables do GID: Nuria García Couceiro
Titulación vinculada: Grao en Enfermaría
Edicións / cursos con concesión: V, VI, VIII, IX, X e XI: 2020/21, 2021/22 e 2023/24-2026/27
Psicoloxía social aplicada ao medio rural / ás campañas de comunicación ambiental / ás campañas de comunicación en saúde mental
Persoa/a responsables do GID: Cristina Gómez Román
Titulación vinculada: Grao en Psicoloxía
Edicións / cursos con concesión: VI-XI: 2021/22-2026/27
Accións multidisciplinares integradas Arredor do Rural
Persoa/a responsables do GID: David García Romero
Titulación vinculada: Grao en Educación Social
Edicións / cursos con concesión: VI: 2021/22
Desfiando prexuízos: análise do currículo oculto sobre o rural galego
Persoa/a responsables do GID: David García Romero
Titulación vinculada: Grao en Educación Social
Edicións / cursos con concesión: VII: 2022/23
Roteiros inclusivos
Persoa/a responsables do GID: David García Romero
Titulación vinculada: Grao en Educación Social
Edicións / cursos con concesión: X: 2025/26
Guía-web para a prevención da nomofobia e do uso abusivo do móbil dirixida ás familias e á comunidade
Persoa/a responsables do GID: Pablo César Muñoz Carril
Titulación vinculada: Grao en Mestre/a de Educación Infantil
Edicións / cursos con concesión: VI e VIII: 2021/22 e 2023/24
Infancia Dixital: Explorando a Robótica e o Pensamento Computacional
Persoa/a responsables do GID: Pablo César Muñoz Carril
Titulación vinculada: Grao en Mestre/a de Educación Infantil
Edicións / cursos con concesión: IX-XI: 2024/25-2026/27
Filopedia. Pensamento en galego
Persoa/a responsables do GID: Xosé L. Pastoriza Rozas
Titulación vinculada: Grao en Filosofía
Edicións / cursos con concesión: VI: 2021/22
Lecturas emocionantes: Obradoiro de biblioteca inclusiva
Persoa/a responsables do GID: M.ª del Carmen Gutiérrez Moar
Titulación vinculada: Grao en Pedagoxía
Edicións / cursos con concesión: III: 2018/19
Biblioteca inclusiva: obradoiro afectivo-emocional na Formación Profesional Básica (FPB)
Persoa/a responsables do GID: M.ª del Carmen Gutiérrez Moar
Titulación vinculada: Grao en Pedagoxía
Edicións / cursos con concesión: IV: 2019/20
Obradoiro afectivo-emocional USC-ÓN / XErando BEnestar (XEBE)
Persoa/a responsables do GID: M.ª del Carmen Gutiérrez Moar
Titulación vinculada: Grao en Pedagoxía
Edicións / cursos con concesión: VI-IX: 2021/22-2024/25
A dimensión ético-financeira da Economía Social
Persoa/a responsables do GID: Loreto Fernández Fernández
Titulación vinculada: Grao en Administración e Dirección de Empresas
Edicións / cursos con concesión: III: 2018/19
Unha perspectiva ética da empresa: a Economía Social desde as dimensións financeira, de gobernanza e igualdade
Persoa/a responsables do GID: Loreto Fernández Fernández
Titulación vinculada: Grao en Administración e Dirección de Empresas
Edicións / cursos con concesión: IV: 2019/20
A dimensión financeira e de gobernanza nas entidades de Economía Social
Persoa/a responsables do GID: Loreto Fernández Fernández
Titulación vinculada: Grao en Administración e Dirección de Empresas
Edicións / cursos con concesión: IX: 2024/25
Bioquímica: ensinar para aprender. Un proxecto de Aprendizaxe-Servizo para alumnado de Veterinaria
Persoa/a responsables do GID: M.ª Izaskun Ibarguren Ariceta
Titulación vinculada: Grao en Veterinaria
Edicións / cursos con concesión: I: 2016/17
Ensinar: unha boa forma de aprender
Persoa/a responsables do GID: M.ª Izaskun Ibarguren Ariceta
Titulación vinculada: Grao en Veterinaria
Edicións / cursos con concesión: III: 2018/19
Plan de formación de educadores e técnicos para a restauración de terreos incendiados (RESTALUME)
Persoa/a responsables do GID: Agustín Merino García
Titulación vinculada: Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
Edicións / cursos con concesión: I: 2016/17
Plantando cara ó lume / Facing Fire Galicia
Persoa/a responsables do GID: Agustín Merino García
Titulación vinculada: Grao en Enxeñaría Forestal e do Medio Natural
Edicións / cursos con concesión: II, III, IV e VIII: 2017/18, 2018/19, 2019/20 e 2023/24
Deseño de estratexias comunicativas baseadas en Transmedia Storytelling en colaboración con ADOS e Cruz Vermella de Santiago de Compostela
Persoa/a responsables do GID: Enrique Castelló Mayo
Titulación vinculada: Grao en Ciencias da Comunicación
Edicións / cursos con concesión: I: 2016/17
Cara a unha gobernanza participativa do patrimonio cultural material e inmaterial na cidade de Santiago de Compostela
Persoa/a responsables do GID: Enrique Castelló Mayo
Titulación vinculada: Grao en Ciencias da Comunicación
Edicións / cursos con concesión: II: 2017/18
Proxecto Lembranza. Saberes e prácticas culturais para a intervención socioeducativa
Persoa/a responsables do GID: Ígor Mella Núñez
Titulación vinculada: Grao en Pedagoxía e Educación Social
Edicións / cursos con concesión: X-XI: 2025/26 e 2026/27