Arredor do rural

Comunidade de accións e saberes arredor do rural

Titulacións

Grao en Mestre/a de Educación Infantil, Grao en Mestre/a de Educación Primaria, Grao en Psicoloxía, Grao en Educación Social, Grao en Pedagoxía, Grao en Economía, Grao en Administración e Dirección de Empresas, Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio, Grao en Enxeñería Forestal, Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, Grao en Publicidade e Relacións Públicas (UVigo), Mestrado en Dirección de Actividades Educativas na Natureza, Mestrado en Investigacións na Cultura, Mestrado en Intervención Psicosocial e Mestrado de Profesorado en Educación Secundaria

Profesorado do GI Esculca

David García Romero (coordinador)
Cristina Varela Portela
Jesús García Álvarez
Bibiana Regueiro Fernández
Patricia Alonso Ruido
Ana Vázquez Rodríguez

Cursos académicos de desenvolvemento

2021/2022; 2022/2023

i

Convocatorias

VI e VII Convocatoria de Proxectos de Innovación Educativa en ApS

O servizo á comunidade
As aprendizaxes
A reflexión
A avaliación
Vinculación con ODS
Difusión

O servizo á comunidade

Obxectivo global do proxecto

A Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural (www.arredordorural.org) é unha iniciativa que pon en relación profesorado e colectivos sociais que traballan pola sustentabilidade no medio rural, ca fin de promover experiencias de aprendizaxe-servizo.

Pártese de dúas necesidades recoñecidas en común entre diversos colectivos ecoloxistas e ruralistas: a construción de prácticas sustentables dende proxectos de base coñecemento e acción colectiva, así como a loita contra o despoboamento a través da fixación de poboación xove. Estas, dan sentido a dous obxectivos principais:

    1. Recoller e dignificar os saberes locais-populares para articulalos conxuntamente co saber científico para argallar formas de construción da sustentabilidade.
    2. Visibilizar e dignificar o medio rural entre o estudantado para fomentar proxectos de futuro nel, para fomentar a fixación de poboación e reducir problemas relacionados co despoboamento.

As formas de materializarse estes obxectivos varían respondendo ás diferentes entidades participantes e disciplinas implicadas, das cales as seguintes poden servir de exemplo:

    • Análise de actitudes e crenzas sobre o medio rural comparada en poboación rural e urbana para optimizar as accións de sensibilización (psicoloxía).
    • Deseño dun plan de financiamento para entidades de economía social do medio rural (finanzas).
    • Participación nunha campaña de sensibilización sobre o cambio climático a través da realización de pezas audiovisuais (socioloxía).
    • Colaboración con colectivos de agroecoloxía e de patrimonio para mellorar a súa interacción cos centros escolares (maxisterio).

Fases

No marco do proxecto xeral a participación do alumnado foméntase en dúas fases:

    • A fase de execución dos proxectos, que se desenvolve de maneira paralela en cada un deles (acadan unha grande diversidade debido a que non estamos a falar dun único proxecto en si, se non do marco para moitos proxectos, que poden ser consultados en https://www.arredordorural.org/accions.).
    • A fase de revisión das experiencias e de ideación de outras novas. Esta lévase a cabo de maneira bianual e convídase ao estudantado a participar nun encontro xunto con persoas dos colectivos e profesorado universitario, que ten carácter divulgativo e formativo e no que se recollen propostas de mellora das diferentes experiencias.

Responsabilidades do alumnado

Estas varían tamén segundo os diferentes proxectos, mais búscase que entre elas estea:

    • Manter o contacto activo ca comunidade coa que colaboran.
    • Difusión das súas accións no marco da universidade a través de diferentes medios.
    • Deseño das accións finais que van desenvolver ou que propoñen a outro estudantado.

As aprendizaxes

Da mesma maneira, as aprendizaxes varían dependendo dos proxectos concretos, mais en todos eles búscase a capacidade de integración do coñecemento académico e o coñecemento local-popular e aplicación do coñecemento académico á realidade.

Tamén, é común o fomento de competencias de:

  • Capacidade para a toma de decisións.
  • Capacidade de comunicación oral e escrita.
  • Capacidade de traballo en rede e con outras persoas (sobre todo a nivel interdisciplinar e interinstitucional).
  • Capacidade de análise-síntese.
  • Capacidade de integrar coñecementos dende diferentes perspectivas culturais.

A reflexión

A reflexión, en todo caso, se realiza tanto coas persoas do colectivos co que se colabora, de forma paralela ó traballo directo, como tamén no marco das aulas que se integran no proxecto.

A nivel temporal, lévase a cabo de maneira parella ás interaccións cos colectivos, así como unha breve valoración final. Con respecto á reflexión na aula, dáse en alo menos dous momentos: un momento intermedio no que se iniciou xa o proxecto e un momento final de peche. Xuntamente, o alumnado é convidado en todo caso ós encontros da Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural que supoñen tamén un foro reflexivo do conxunto dos proxectos.

A orientación das sesións de reflexión inclúen sempre:

    • A dimensión persoal, de crecemento actitudinal.
    • A dimensión profesional e académica, relacionando o feito coa disciplina e a súa proxección
    • A dimensión do papel do medio rural no sistema, falando das relacións urbano-rural, a representatividade nos medios de comunicación e ensino e relevancia na sustentabilidade.

A avaliación

Búscase a implicación de tres tipos de axentes na avaliación:

  • Docentes: Que participan sempre na avaliación utilizando instrumentos de análise de documentos entregados polo estudantado e en algúns casos de observación.
  • Participantes de colectivos sociais: Contribuíndo á observación do traballo e valoración de competencias, en algúns casos con impacto na cualificación do estudantado.
  • Alumnado: Polo de agora en avaliacións conxuntas sobre resultados dos proxectos a nivel de aprendizaxe e impacto, pero non vinculados á cualificación.

Como instrumentos, utilízanse:

  • Un cuestionario de coñecementos e actitudes previas e posteriores á participación (en fase piloto, soamente se utilizou nun caso).
  • A entrega de notas de campo analíticas e reflexivas vinculadas á disciplina.
  • As rúbricas de cumplimentación para a observación por parte de profesorado e de persoas de colectivos.
  • A retroalimentación ao estudantado dáse tanto en comentarios ás súas notas de campo nas sesións de pequena tanto cos colectivos (cando se da o caso) como na aula.

A vinculación cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 4: Educación de calidade

4. Educación de calidade

Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todas as persoas.
Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 10: Redución das desigualdades

10. Redución das desigualdades

Visibilizando a situación de periferia que ocupa o medio rural e contribuíndo a revertila.

Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 12: Produción e consumo responsables

12. Produción e consumo responsables

Facendo énfase nos modos de vida e produción sustentables baseados nos saberes locais-populares do medio rural.

Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 13: Acción polo clima

13. Acción polo clima

Promovendo conductas ecolóxicamente responsables.

Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 17: Alianzas para lograr os obxectivos

17. Alianzas para lograr os obxectivos

Poñendo o énfase nos cambios sistémicos que pode implicar a colaboración entre educación e sociedade civil arredor da problemática común do medio rural.

Difusión

  • Web da comunidade: www.arredordorural.org
  • Redes sociais do GI Esculca
  • Asociación Avoar e outras baixo o cancelo #Arredordorural