Parques infantís

Observando os parques infantís da cidade de Santiago de Compostela

Titulación

Grao en Mestre/a de Educación Primaria e
Grao en Mestre de Educación Infantil

Materias

Organización e xestión do centro escolar (2º curso) e
Xogo Infantil (4º curso)

Curso

2º e 4º curso

Profesorado

Julia Mª Crespo Comesaña (coordinadora)
José Eugenio Rodríguez Fernández

Cursos académicos de desenvolvemento

2016/2017
i

Convocatorias

I Convocatoria de Proxectos de Innovación Educativa en ApS
O servizo á comunidade
As aprendizaxes
A reflexión
A avaliación
Vinculación con ODS
Difusión

O servizo á comunidade

Obxectivo global do proxecto

O propósito do proxecto foi realizar unha observación da variable espacial dos parques infantís da cidade de Santiago de Compostela, analizando aspectos como a ubicación, accesibilidade, seguridade, estado de conservación e tipoloxía dos espazos; do mesmo xeito, centráronse as accións en observar a tipoloxía de actividades e condutas derivadas do uso destes espazos por nenos e nenas.

Fases do proxecto

O proxecto desenvolveuse entre o mes de novembro de 2016 e rematou en xuño de 2017, coa entrega do informe final á entidade colaboradora. O plan de traballo desenvolvido foi o seguinte:

a) Preparación do proxecto.

  • Elaboración do esquema do proxecto.
  • Contacto coa entidade colaboradora (Concello de Santiago).
  • Planificación do proxecto.

b) Realización do proxecto, no que se incluíu:

  • Adestramento co grupo de traballo (alumnado).
  • Execución co grupo.
  • Clausura co grupo.

c) Avaliación do proxecto.

  • Avaliación multifocal.

Responsabilidades do alumnado

O alumnado, organizado en grupos de traballo, realizaron as observacións nos parques infantís empregando un formulario estandarizado elaborado polos docentes das materias implicadas no proxecto. Este proceso foise desenvolvendo conforme aos criterios de planificación iniciais e reflectidos nun cronograma.

Unha vez que se obtiveron os datos, o alumnado procedeu ao seu análise e discusión dentro de cada grupo, seguindo as indicacións dos docentes. Posteriormente, cada grupo, encargado dun parque infantil determinado, elaborou e presentou un informe pormenorizado ao respecto. Finalmente, entre o alumnado e os docentes elaborouse un informe final, documento que foi presentado ás Concellalías de Educación e Cidadanía, e de Medio Ambiente e Convivencia do Concello de Santiago de Compostela.

As aprendizaxes

Relación do servizo realizado cos contidos das materias implicadas no proxecto.

Os contidos das materias abordados na experiencia de ApS foron:

  • A intervención do/a educador/a no xogo de nenos e nenas.
  • Metodoloxía e estratexias motivadoras.
  • Deseño, estruturación e organización de espazos e tempos de xogo.
  • Recursos e materiais para o xogo.
  • Observación e avaliación da actividade lúdica.
  • Xogo e atención á diversidade.

Actividades de preparación (adestramento para realizar o ApS) do alumnado.

Previo ao comezo da preparación do proxecto de ApS, o alumnado recibiu información e formación específica para entender que é a metodoloxía de ApS, exemplos de programas implementados con esta metodoloxía e instrucións precisas de como proceder co proxecto dos parques infantís e porque se trata dunha experiencia de Aps. Nunha sesión previa, tratouse de:

  • Explicar as bases da metodoloxía de ApS.
  • Presentación do proxecto. Fases, accións e responsabilidades.
  • Finalidade e consecuencias.

Principais competencias traballadas durante o desenvolvemento do proxecto.

  • Capacidade de planificación, coordinación e organización.
  • Capacidade de traballo en equipo.
  • Capacidade de iniciativa.
  • Capacidade de síntese e análise.
  • Capacidade para presentar en público produtos, ideas ou informes, entre outros.

A reflexión

Con quen se realizou a reflexión?

Nun primeiro momento, a reflexión foi intragrupal; cada grupo de traballo de cada parque infantil en concreto, realizaron esta tarefa. Posteriormente, a reflexión ampliouse entre diferentes grupos de traballo de diferentes parques e, tamén, entre o alumnado e o equipo docente.

En que momento se realizou la reflexión?

Neste caso, durante a implementación da experiencia e ao final do proceso.

A que se orientaron as sesións de reflexión?

  • A compartir sensacións do servizo.
  • Para resolver problemas e dúbidas.
  • Para establecer unha relación do servizo coas aprendizaxes das materias cursadas e da propia titulación.
  • Para analizar os problemas dos usuarios dos parques infantís en relación co espazo e o mobiliario/equipamento urbano.

A avaliación

Na avaliación do proxecto participaron todos os axentes implicados:

  • Alumnado.
  • Equipo docente.
  • Destinatario do servizo que, neste caso, foi o Concello de Santiago de Compostela a través das súas concellalías de Educación e Cidadanía, e de Medio Ambiente e Convivencia.

A avaliación do alumnado produciuse principalmente a través da elaboración dun portfolio, onde se recollían aspectos sobre o proceso desenvolvido e do traballo realizado en todo momento.

A presentación do informe final, un produto elaborado entre todo o alumnado e o equipo docente, tamén serviu de referencia para concretar a avaliación final, no só do alumnado, senón tamén do traballo dos docentes e para medir a calidade do proxecto implementado.

A vinculación cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 3: Saúde e benestar

3. Saúde e benestar

Garantir unha vida sa e promover o benestar en todas as idades é esencial para o desenvolvemento sostible.

Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 4: Educación de calidade

4. Educación de calidade

Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todas as persoas.

Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 10: Redución das desigualdades

10. Redución das desigualdades

Reducir a desigualdade en e entre os países.

Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 11: Cidades e comunidades sostibles

11. Cidades e comunidades sostibles

Asegurar o acceso de todas as persoas a vivendas e servizos básicos adecuados, seguros e alcanzables e mellorar os barrios marxinais.

Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 17: Alianzas para lograr os obxectivos

17. Alianzas para lograr os obxectivos

Revitalizar a Alianza Mundial para o Desenvolvemento Sostible.

Difusión

  • Informe final presentado ao Concello de Santiago de Compostela.
  • Cartel do Workshop onde se presentou a experiencia de ApS nos parques infantís no conxunto de propostas de ApS da USC durante o curso 2016-2017.

Publicacións

Crespo Comesaña, J., e Rodríguez Fernández, J. E. (2016). Observando los parques infantiles de la ciudad de Santiago de Compostela: una experiencia de ApS desde la USC. En M. A. Santos-Rego, A. Sotelino, e M. Lorenzo-Moledo (Eds.), Aprendizaje-Servicio e innovación en la universidad. Actas VII Congreso Nacional y II Internacional de Aprendizaje-Servicio Universitario (pp. 185-198). Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico.

Rodríguez Fernández, J. E., Crespo Comesaña, J., e Mella Núñez, I. (2018). Espacios educativos y seguros: Una experiencia de ApS en los parques infantiles de Santiago de Compostela. En V. Martínez, N. Melero, E. Ibáñez y M. C. Sánchez (Eds.), El aprendizaje-servicio en la universidad. Una metodología al servicio de la justicia social y el desarrollo sostenible (pp. 144-148). Comunicación Social.