A cultura lúdica e musical a través do xogo tradicional

Titulación

Grao en Mestre/a en Educación Primaria, Grao en Mestre/a en Educación Infantil e Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria y Bachillerato, Formación Profesional y Enseñanzas de Idiomas

Materia

Música na Educación Primaria (2º curso do Grao en Mestre/a en Educación Primaria), Aprendizaxe e ensinanza da música (Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obligatoria y Bachillerato, Formación Profesional y Enseñanzas de Idiomas), Motricidade infantil (3º curso do Grao en Mestre/a en Educación Infantil) e Didáctica da Educación Física (3º curso do Grao en Mestre/a en Educación Primaria)

Curso

2º curso, 3º curso e Máster

Profesorado

José Eugenio Rodríguez Fernández (Coord.), Raúl Eirín Nemiña, Javier Rico Díaz, Carol Gillanders e José Agustín Candisano Mera

Cursos académicos de desenvolvemento

2019/2020
i

Convocatorias

II Convocatoria de proxectos de innovación eductiva en MOOC e de apoio das TIC á docencia. Modalidade B: creación de materiais audiovisuais en formato “pílulas de coñecemento”

Descrición

No ámbito da Educación Física escolar, o xogo é o recurso de ensino-aprendizaxe máis importante polo seu carácter motivador. Os xogos tradicionais galegos, as danzas, bailes e cancións propias de Galicia tamén supoñen un elemento importante de transmisión do noso patrimonio artístico e cultural.

No ámbito da Educación Musical, as pezas musicais tradicionais tamén supoñen un importante medio de transmisión cultural, á vez que o alumnado adquire as competencias propias da materia, comprendendo os principios que contribúen á formación cultural, persoal e social dende as artes e a música, ademais de que os estudantes desenvolvan habilidades de aprendizaxe e adquiran recursos para fomentar a participación en actividades musicais dentro e fóra da escola.

Os obxectivos do recurso multimedia proposto son:

  • Coñecer os principais xogos tradicionais propios de Galicia e a súa relación coa música e o movemento, identificando o seu valor como recurso educativo para a Educación infantil e primaria.
  • Exemplificar diferentes modalidades que supoñan unha aprendizaxe autónoma por parte do alumnado.
  • Realizar un tratamento interdisciplinar (Educación Física e Educación Musical) a través do xogo tradicional.

Deste xeito, elaboraranse 3 videos coa seguinte temática:

  • Vídeo 1: Vídeo de introdución ao xogo tradicional, deténdose nas características do movemento e a música. Xogo tradicional propio de Galicia e outros xogos do mundo (multiculturais).
  • Vídeo 2: O xogo tradicional de Galicia. Xogos de nenos, adultos e interxeneracionais.
  • Vídeo 3: Xogo tradicional multicultural. Coñecemento e valoración doutras culturas a través do xogo tradicional.