Novas do GI Esculca

VII Encontro da Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural

9 Outubro 2026
Categorías: Novas

O GI ESCULCA, en colaboración ca Asociación Avoar e desta volta tamén ca Facultade de Educación e Traballo Social da UVigo (Campus de Ourense), organiza o 30 de outubro o VII encontro da Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural.

Como todos os anos, este encontro busca tecer relacións e colaboración entre universidade e iniciativas de sustentabilidade e xustiza no medio rural, poñendo en relación profesorado, estudantado, activistas e profesionais.

Levarase a cabo tanto un debate dende unha perspectiva interxeneracional, moderado por estudantado da facultade que acolle o evento, como unha formación sobre diversas maneira nas que a docencia e investigación pode tecerse co territorio rural.

Agardámosvos!

Folleto – Arredor do Rural